Bucles e sensores

O sensor Segueliñas

O sensor segueliñas en realidade está composto por dous sensores que permiten averiguar sobre que cores está o sensor.
No primeiro reto que se presenta, preténdese que dun xeito sinxelo o alumnado recoñeza o funcionamento do sensor, tentando que o código do resultado do reto non sexa demasiado complexo para estas alturas.

Neste caso o exemplo ten unha solución sinxela e moi similar ás anteriores vistas no sensor de ultrasons.

O vídeo demostrativo da solución sería como o seguinte, e a solución podémola descargar aquí.


Pódese ver no código que igualmente que no exemplo anterior, o robot avalía o estado do sensor seguieliñas, neste caso usaremos o valor 0 para validar o caso de que está sobre a liña negra (en posteriores retos e máis elaborados vremos que valores nos devolve o sensor).

Unha vez que avalía o resultado, e dependendo deste, o robot retrocede 2 segundos e xira ou ben avanza.

Podes descargar este código dende aquí.

O sensor de ultrasónico


O sensor de luz


No caso do mBot o robot tan só ten un sensor de luz na placa mCore, este sensor devolverá valores de entre 0 e --- sendo un valor de luz normal o de ----.

Propoñemos o seguinte reto para impartir aos nosos alumnos. Resultará sinxelo que o robot pare usando unha papeleira e deixándoo a oscuras..


Podemos ver un vídeo demostrativo a continuación.



A solución pasa por avaliar no condicional o valor do sensor da luz comparado co valor de 200 de referencia (en vindeiros capítulos veremos cómo se recolle ese valor de referencia).

Como é de esperar, e como en exemplos anteriores, nunha parte o robot emite o son e detense, e por outra parte do condicional, avanza.


O código da solución pódese descargar dende aquí.



No hay comentarios:

Publicar un comentario