Experiencias

Nesta entrada colgarei as imaxes das distintas formacións que imparta, así como os traballos que me fagades chegar

CEIP Avelino Díaz de Meira.

Tiven o pracer de ferrexar nos robots cos compañeiros deste cole de Meira, realizan un estupendo traballo de programación xa dende infantil usando robots estilo escornabot, pero neste caso usando o DOC (ao día seguinte merqueino eu para a miña filla). Ademáis aprendemos un xeito de programación no mBot que permitirá unha evolución lóxica dende robots programados por direccións e avances (escornabot, beebot, DOC...) a unha programación por bloques co mBot.


No hay comentarios:

Publicar un comentario